*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

jueves, 27 de septiembre de 2012

14 aniversario de Atento Coruña

No todo fueron cenitas y celebraciones...




Concentración na Coruña en solidariedade coa Folga Xeral do 26 de setembro en Euskadi – Manifesto

A situación para a clase traballadora non fai máis que empeorar: o desemprego continúa crecendo e non ten trazas de deterse, continúan producíndose milleiros de desafiuzamentos, os comedores de caridade están ata os topes e por todos lados hai miseria, sufrimento e desesperación.
Ante isto, a resposta do goberno é a de facer responsables da crise aos traballadores e aprobar unhas normas laborais e sociais que veñen agravar aínda máis a situación da nosa clase: restricións de dereitos laborais e salariais, redución das prestacións por desemprego, favorecemento do despedimento sen causa, recortes nas prestacións de dependencia, eliminación de pagas e soldos nalgúns colectivos e desmantelamento e privatización do público, da sanidade, da educación, do transporte público, etc. Para máis inri, o goberno dedícase a entregarlles milleiros de millóns aos bancos, a conceder amnistías fiscais e a subir os impostos dos produtos de primeira necesidade.
E que facemos os traballadores? En lugar de rebelarnos e defender con uñas e dentes o que tanto suor e, moitas veces, sangue, nos custou conseguir, permanecemos impasibles ou, no mellor dos casos, facemos tímidas mobilizacións coa esperanza de que os nosos gobernantes sentan mágoa nosa e modifiquen a súa política antisocial. Desta pasividade é responsable o sindicalismo habitual, que confía moito máis na acción política e no pactismo desmobilizador que nas propias forzas do movemento obreiro. Así, agora se esforzan en promover e vendernos un disparatado referendo e unha consulta popular mentres as listas do paro seguen medrando sen fin e a pobreza alcanza cada día a máis poboación.
Pero non todos pensamos igual; hoxe mesmo, 26 de setembro de 2012, milleiros de traballadores están en folga xeral en Euskadi convocados polos sindicatos combativos, entre eles a CGT. Estes compañeiros en folga estannos demostrando a todos que é posible o enfrontamento con esta partida de lacaios do capitalismo e que xa chegou a hora de dicir basta ante tanto atropelo e tanta inxustiza que o pobo está soportando.
Para nós hoxe en un día de loita, de denuncia e de combate contra as medidas antiobreiras do goberno. Tamén é un día de solidariedade con todos aqueles que, como os compañeiros vascos, non se resignan, con todos aqueles que non aceptan a mensaxe de que non hai outro medio para saír adiante que a destrución dos dereitos acadados, con todos aqueles que loitan para conseguir unha nova sociedade, xusta e igualitaria en troques deste sistema de desigualdade, inxustiza e opresión.
Din os poderosos que é o momento de arrimar o ombreiro e de remar todos no mesmo sentido. Nós dicimos que estamos fartos de que os únicos ombreiros que se arrimen sexan os nosos, de que as únicas costas que se dobren sexan as nosas e de facérmonos bochas e calos nas nosas mans de remar, mentres eses mesmos poderosos seguen enchendo o bandullo e gozando das súas vida de luxo.
Pero isto vai rematar; para a CGT xa está chegando o tempo en que afrontemos con contundencia a situación, que poñamos a esta manda de parasitos no seu sitio e que ocupemos os traballadores o lugar de dignidade que nos corresponde como creadores da riqueza social que somos.
Compañeiras e compañeiros, sen máis dilacións nin distraccións, chega o momento de actuar.
                                 SOLIDARIEDADE COS TRABALLADORES DE EUSKADI!
                                 VIVA A FOLGA XERAL!
                                 VIVA A CLASE OBREIRA!

jueves, 13 de septiembre de 2012

Xornada de loita 17-S: Folga no sector ferroviario e manifestación na Coruña

A CGT ten acordado intensificar as mobilizacións que se veñen producindo contra os recortes e as reformas antiobreiras do Goberno, promovendo unha mobilización social xeralizada e contundente, mediante Xornadas de Loita que nos conduzan á convocatoria dunha Folga Xeral con capacidade real de afectar os intereses económicos da élite dirixente, capaz de enfrontar a ofensiva de recortes e reformas contra os nosos dereitos por parte do goberno e maila patronal.

A CGT da Coruña, no marco da Xornada de Loita do vindeiro 17 de setembro, chama a toda a súa afiliación e militancia, así como ao conxunto da clase obreira coruñesa a participar na manifestación en defensa do ferrocarril público e social, en coincidencia coa folga no sector ferroviario que teñen convocado, de xeito unitario, todalas organizacións sindicais con representación nos Comités de Empresa de ADIF, Renfe e Feve.

A Manifestación partirá da Estación de Mercadorías de San Diego, ás 19:30 horas, e rematará na Estación de San Cristobal.