*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

lunes, 31 de marzo de 2014

Las movilizaciones surten efecto

Las movilizaciones de los últimos meses están dando resultados:
Por una parte, los medios de comunicación están dando a conocer las miserables condiciones en las que nos vemos obligados a trabajar, como se ve en este vídeo emitido en TV
y por otra, en esta noticia se aprecia el intento de Telefónica de lavar su imagen desvinculándose de nuestras precarias condiciones y alardeando de evitar despidos en A Coruña

jueves, 27 de marzo de 2014

CONCENTRACIÓNS 1 E 3 DE ABRIL

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA

Antes do paro de dúas horas por quenda do próximo 7 de abril (de 11 a 13 e de 18 a 20 horas), no que sairemos en manifestacións desde Atento ata a central de Telefónica na rúa marqués de Amboage para xuntarnos cos compañeiros de Extel, faremos concentracións -tamén con Extel- en protesta pola nosa situación laboral diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra: serán o martes 1 ás 12:00 horas e o xoves 3 ás 19:00 horas. Animádevos a participar (fóra do voso horario laboral) e acudide!


Tamén dicirvos que hai uns días recibimos unha resolución do comité de empresa de Telefónica na Coruña na que se solidarizan con nós apoiando os paros convocados en Atento e Extel.

CONCENTRACIÓNS NA TENDA MOVISTAR DA PZA. DE PONTEVEDRA:

MARTES 1 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS
XOVES 3 DE ABRIL ÁS 19:00 HORAS

PAROS E MANIFESTACIÓNS O LUNS 7 DE ABRIL:

DE 11:00 A 13:00 HORAS
DE 18:00 A 20:00 HORAS

PORQUE NOS AFECTA A TODOS, BERREMOS XUNTOS

MOVISTAR: NON SOMOS MERCANCÍA,
IMOS REMATAR COA VOSA TIRANÍA!!


lunes, 24 de marzo de 2014

O 7 DE ABRIL SAE Á RÚA UNHA NOVA FUSIÓN:

XUNTANZAS DOS TRABALLADORES SUBCONTRATADOS POR MOVISTAR NA CORUÑA

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA:
Como non podía ser doutra forma, continúan as mobilizacións en Extel e Atento. Tanto Movistar como as súas contratas seguen sen atender as nosas xustas reivindicacións. Tras tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano, os comités de empresa de Extel e Atento na Coruña decidimos convocar un novo paro laboral de dúas horas por quenda (de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas) o vindeiro 7 de abril. Cremos firmemente que é hora de intensificar a loita e trasladar as nosas protestas máis alá de cada centro de traballo, por iso desta vez os compañeiros de Extel e Atento sairemos en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos), tanto pola mañá (saída ás 11 horas) como pola tarde (saída ás 18 horas). Como no paro do pasado día 7 de marzo, todos os centros de traballo de Atento e Extel en España convocan os paros.
Movistar está dedicando moito esforzo nas súas campañas publicitarias en utilizar a imaxe dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de atención ao cliente nos que traballamos. A todos nós nos corresponde a responsabilidade de contarlle aos usuarios que a nosa realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e miserables, cambios caprichosos e constantes de quenda e horarios; falta de formación profesional, acoso diario (seguimento absoluto de pausas, descansos, escoitas, TMO, gravacións, monitorizacións, vendas...) En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo entre nós que provoque a submisión absoluta: que calemos e obedezamos.

PORQUE NOS AFECTA A TODOS, BERREMOS XUNTOS
MOVISTAR: NON SOMOS MERCANCÍA,
IMOS REMATAR COA VOSA TIRANÍA!!
7 DE ABRIL PARAMOS
DE 11:00 A 13:00 HORAS
DE 18:00 A 20:00 HORAS

martes, 18 de marzo de 2014

22 de marzo, marchas de la dignidad

Aquí tenéis información sobre las marchas de la dignidad que confluirán en la manifestación que tendrá lugar en Madrid el 22 de marzo. Lo que los medios de comunicación parecen tener interés en ocultar os lo contamos y contaremos nosotros.

http://www.rojoynegro.info/articulo/agitaci%C3%B3n/dignidad22m-miles-personas-camino-madrid

jueves, 6 de marzo de 2014

VEN IN BLACK


ATENTO, MOVISTAR: SE NON PARAN ELES, ÍMOLOS PARAR NÓS

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA:

Onte Atento despediu miserablemente a outros dous compañeiros. Pola súa readmisión e para que non se repitan atentados deste tipo, SOLIDARÍZATE E LOITA!!

E hai moitos outros motivos polos que parar.

Se non queres que te acosen: ÚNETE

Se queres ter tempo entre chamadas: DESLÓGATE

Se non queres que te graven: COLGA OS CASCOS

Se queres ter formación e as ferramentas necesarias para desempeñar o teu traballo: SAE Á RUA

Se non queres que te fagan seguimentos: DESLÓGATE

Se non queres que xoguen cos teus horarios: PARA                                         

Por todo isto os traballadores de Atento e Extel en Coruña, León, Bilbao, Zaragoza, Málaga, Sevilla, Madrid, Toledo, Córdoba, Valencia... dicimos BASTA.

Recordade que mañá, ás 12 e ás 19, enterramos os seus abusos. Vimos de negro.
                             
                     PORQUE NOS AFECTA A TODOS...
...É HORA DE QUE SAIAMOS Á RÚA.
NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!!

7 DE MARZO PARAMOS, E NON IMOS ESTAR SÓS

DE 12:00 A 13:00 HORAS
DE 19:00 A 20:00 HORAS

7 de marzo: paramos, y vamos de negro


lunes, 3 de marzo de 2014

ATENTO E EXTEL: O 7 DE MARZO PARAMOS DE NOVO

COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA DE ATENTO CORUÑA

Agora é o momento de seguir loitando todos xuntos, se non queres ser ti a quen mañá lle cambien o horario, se non queres ser ti a quen lle fagan un seguimento ou se non queres ser ti quen se vexa inxustamente na rúa.
A empresa depende de nós porque somos os que sacamos adiante o traballo, os que lles facemos aumentar os seus indecentes ingresos. Nós temos a forza e seremos máis fortes cantos máis sexamos. Desta vez, todos os centros de traballo de Atento e de Extel en España convocan os paros do 7 de marzo. Este feito xa de por si é un mérito de todos os que, dende Coruña, iniciamos a loita en xaneiro. Pero non será doado; os traballadores temos que manternos firmes nas reivindicacións.
Todos estamos afectados: teleoperadores, xestores, auditores, coordinadores, formadores...alcemos a voz para dicir BASTA!! E fagámolo na rúa; deixa de lamentarte no posto. Dá a cara. Cada vez estamos máis preto de acadar os nosos obxectivos a prol de conseguir unha estabilidade e condicións laborais dignas. Tanto Atento como Movistar son conscientes de que a nosa loita vai a máis e, se continuamos así, terán que ceder.
O día 7 todos vestidos de negro para enterrar as súas presións, ameazas, agresións e desprezos.
 
PORQUE NOS AFECTA A TODOS, É HORA DE QUE SAIAMOS DE NOVO Á RÚA. 
NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!! 
7 DE MARZO PARAMOS, E CADA VEZ MÁIS!! 
DE 12:00 A 13:00 HORAS 
DE 19:00 A 20:00 HORAS