*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

jueves, 30 de septiembre de 2010

Discurso da CGT da Coruña como peche da manifestación do 29-S

Hoxe, 29 de setembro, convocados por todos os sindicatos de clase, os traballadores estamos en Folga, un Paro Xeral co obxectivo de conseguir botar abaixo as medidas antiobreiras do goberno. Esta convocatoria non é unitaria pola prepotencia de CC.OO.-UGT, que causou que a CGT fixese unha convocatoria coincidente con eles na data para unha mobilización para nós tardía e insuficiente, pero non por isto menos necesaria.
Sabemos que mañá, tanto o goberno como o sindicalismo institucional correrán a escenificar o seu reencontro –xa hai anunciados contactos posteriores- e non é de descartar que, incluso, intenten maquillar a salvaxe Reforma Laboral recentemente aprobada. Sen embargo, non podemos esperar ningún cambio realmente importante destes lacaios do capitalismo, fieis servidores deste obsceno sistema económico e social. Unha coma máis aquí ou unha porcentaxe menos aló non fará que estemos, nin un só milímetro, máis cerca dunha sociedade máis xusta ou igualitaria que a actual.
As agresións non fixeron máis que comezar.
Estamos asistindo xa a unha morea de despidos e Expedientes de Regulación de Emprego como nunca vimos. A isto hai que engadir a ameaza xa declarada sobre o sistema de pensións e xubilacións –conxelando contías, endurecendo requisitos e atrasando a idade de xubilación- e sobre o sistema de Seguridade Social, sobre o que hai ameazas certas como a do copago a medio prazo. Os obedientes axentes do Fondo Monetario Internacional xa perderon non o medo, senón a vergoña e estanse lanzando a tumba aberta a rapiñar calquera dereito laboral que se lles poña a mán. Debemos ser conscentes de que todo isto son cartos e pode convertirse en beneficio para os petos dos capitalistas e os seus monicreques en canto nos descoidemos.
Esta Reforma Laboral evidenciou os dous frentes na loita obreira. Por un lado, temos o enfrentamento directo co capital, o que se produce nas empresas; pero, por outra banda, púxonos diante un segundo frente, que é o da natureza deste sistema político e económico no que uns poucos dominan aos máis, no que o partidismo e o parlamentarismo non son máis que instrumentos dos poderosos coa función de lexitimar a opresión e a explotación dos máis por uns poucos. Por isto temos que enfrentarnos tamén a este sistema fóra das empresas, reclamandolles a estes que se fan chamar estadistas o noso dereito a participar plenamente da riqueza que nós creamos e obrigando a parlamentos, tribunais e demáis patulea de servos a admitir as xustas reivindicacións da nosa clase.
Non podemos deter a loita agora, cando os empresarios están máis crecidos. Os traballadores conscentes temos que convertir os próximos meses nunha mobilización combativa que demostre aos poderosos que non van ter fácil roubarnos o que é noso, nunha revolta permanente que demostre que o sindicalismo debe ser outra cousa e que é posible organizarse e loitar sen arrastrar a dignidade pola lama.
Compañeiras e compañeiros, hoxe máis que nunca,


VIVA A LOITA DOS TRABALLADORES
VIVA A FOLGA XERAL

No hay comentarios: