*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

lunes, 29 de abril de 2013

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña


A CGT da Coruña ten convocado, conxuntamente coa CUT, unha manifestación para o vindeiro Primeiro de Maio, que partirá da Praza de Pontevedra, ás 12:30 horas.
“O 1º de Maio é o Día Internacional da clase traballadora, un día de loita da clase á que pertencemos, un día para sentirnos da mesma clase social, empregados ou non, xoves, pensionistas, emigrantes, estudantes, afectados polos desafiuzamentos, excluídos, despoxados … O 1º de Maio é un día para reivindicar nas rúas a defensa da nova sociedade que cremos, baseada na liberdade e na xustiza social.
Cartel con mani
Este 1º de Maio de 2013 é o quinto consecutivo que vivimos tras o estalido desta chamada crise do sistema capitalista provocada conscientemente polo poder, por políticos corruptos, polos ricos e especuladores donos da banca, da grande patronal, das multinacionais.
Conducíronnos a unha situación de emerxencia social. Crearon seis millóns de parados, rebaixaron os salarios, négannos o dereito ao traballo, a un convenio colectivo, recortan os gastos sociais, privatizan a sanidade, a educación, reducen a protección social, fannos pagar unha débeda ilexítima, privatizan as grandes empresas, os servizos públicos, rebaixan as pensións, todos os dereitos os converten en negocios … e todo isto grazas a unha clase política inmoral, corrupta, fieis axentes locais do capitalismo máis voraz e cobizoso.
Non podemos seguir aturando estes ataques. Habemos de ser nós quen demos as solucións dende a autoxestión, poñendo en marcha proxectos e accións que deteñan as agresións e que nos conduzan a unha nova sociedade que dea prioridade ás necesidades das persoas fronte aos mercados económicos e financeiros.
Dende a CGT dicimos que non podemos seguir resignados ante o drama do paro e propoñemos dar un paso adiante coa ocupación das empresas que pechan, sendo os traballadores quen as xestionen e reciban o financiamento e asesoramento público que agora se destina para pechalas.
Fronte o paro propoñemos o reparto do traballo e da riqueza: reducindo a xornada laboral, adiantando a idade de xubilación, para poder traballar todas e todos, e que a sanidade, a educación e a protección social sexan de calidade, públicas e universais.
Non podemos seguir resignados ante un sistema político e social imposto polo capitalismo que consegue levarnos a situacións de fame, violencia, desesperación e á destrución da vida no planeta.
Dende a CGT propoñemos loitar, ocupar as rúas e os espazos públicos, promovendo unha mobilización permanente contra o sistema para que a clase obreira sexa a verdadeira protagonista da nova sociedade que queremos, unha sociedade de igualdade e xustiza social. Unha sociedade libertaria.
Este é o único camiño: a autoxestión. Non hai volta atrás"

No hay comentarios: