*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

jueves, 27 de marzo de 2014

CONCENTRACIÓNS 1 E 3 DE ABRIL

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA

Antes do paro de dúas horas por quenda do próximo 7 de abril (de 11 a 13 e de 18 a 20 horas), no que sairemos en manifestacións desde Atento ata a central de Telefónica na rúa marqués de Amboage para xuntarnos cos compañeiros de Extel, faremos concentracións -tamén con Extel- en protesta pola nosa situación laboral diante da tenda de Movistar da praza de Pontevedra: serán o martes 1 ás 12:00 horas e o xoves 3 ás 19:00 horas. Animádevos a participar (fóra do voso horario laboral) e acudide!


Tamén dicirvos que hai uns días recibimos unha resolución do comité de empresa de Telefónica na Coruña na que se solidarizan con nós apoiando os paros convocados en Atento e Extel.

CONCENTRACIÓNS NA TENDA MOVISTAR DA PZA. DE PONTEVEDRA:

MARTES 1 DE ABRIL ÁS 12:00 HORAS
XOVES 3 DE ABRIL ÁS 19:00 HORAS

PAROS E MANIFESTACIÓNS O LUNS 7 DE ABRIL:

DE 11:00 A 13:00 HORAS
DE 18:00 A 20:00 HORAS

PORQUE NOS AFECTA A TODOS, BERREMOS XUNTOS

MOVISTAR: NON SOMOS MERCANCÍA,
IMOS REMATAR COA VOSA TIRANÍA!!


No hay comentarios: