*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

viernes, 25 de abril de 2014

5 DE MAIO: a loita continúa

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA:

Como non podía ser doutra forma, continúan as mobilizacións en todos os centros de traballo de Atento en España: o 5 de maio paramos de 11:00 a 12:00 e de 18:00 a 19:00 horas. Seguiremos ata obter o compromiso das empresas de atender as nosas reivindicacións. Seguimos tendo motivos: despidos e sancións inxustos e miserables; cambios sen sentido de quendas e horarios; falta de formación; acosos diarios con control total das pausas e descansos, escoitas, gravacións e monitorizacións constantes; ameazas que teñen como único fin sementar o medo entre os traballadores das empresas de telemarketing para provocar a nosa submisión absoluta. 

Se consentimos que Atento-Movistar sigan precarizando as nosas condicións laborais, os seus beneficios non deixarán de aumentar a costa da nosa saúde. Somos nós os que xeramos eses beneficios indecentes mentres nos machucan a diario, e somos todos nós os únicos que podemos mudar esta situación. O vindeiro 5 de maio será un paso máis cara adiante e así llo temos que facer saber aos explotadores de Atento e Movistar. 

PAROS O LUNS 5 DE MAIO:
DE 11:00 A 12:00 HORAS
DE 18:00 A 19:00 HORAS

PORQUE NOS AFECTA A TODOS, NON O CONSINTAMOS:
MOVISTAR NON SOMOS MERCANCÍA, 
IMOS REMATAR COA VOSA TIRANÍA!!

No hay comentarios: