*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

jueves, 15 de marzo de 2007

CARGA POLICIAL CONTRA OS TRABALLADORES DE ATENTO

O Comité de Empresa de Atento convocara para hoxe ás 11 da mañá unha concentración diante da sé da empresa para protestar polos 179 despidos no servicio 1004 que comunicara a empresa onte. Varios centos de traballadores e traballadoras secundaron a convocatoria cortando o tráfico na céntrica rúa de Juan Florez, reclamando a readmisión inmediata dos compañeiros e compañeiras despedidas. Unha forte presencia policial tentou retirar aos traballadores e reabrir o tráfico, ante a resistencia pasiva dos concentrados que ao grito de “mais traballo, e menos policía” ou “Atento despide, Telefónica culpable” permanecían concentrados. Nese momento comenzou unha carga policial con empuxóns, golpes, porrazos, … que remataron con varios dos concentrados fortemente magullados e algúns con feridas abertas.