Hoxe polo serán volveronse concentrar varios centos de traballadores e traballadoras diante da sé da empresa de telemarketing Atento en protesta polo 179 despedidos. Volveuse a cortar o tráfico na rúa de Juan Florez, ainda que desta vez non houbo carga policial ao permanecer aberto un dos catro carriles ao tráfico.
LESIONS Algúns dos feridos e contusionados da carga policial na concentración de hoxe pola mañá precisaron de atención médica. A violencia coa que se empregou as forzas policiais en reprimir aos traballadores concentrados queda en evidencia coa imaxe dos resultados nos corpos dalgúns compañeiros e compañeiras.
Asi mesmo, ademais da celebración de Asambleas tanto mañá como o sábado en horarios de mañá (11 a 13 horas) como de serán (19 a 21 horas), o Comité de Empresa vai manter mañá pola mañá varias entrevistas: ás 9 horas coa xefa de Inspección de Traballo, e ás 12 horas có alcalde da Coruña, na casa do Concello en María Pita.