*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

miércoles, 4 de abril de 2007

CGT CONVOCA FOLGA DE 24 HORAS EN TÓDOLOS CENTROS DE ATENTO

A Confederación Xeral do Traballo (CGT) ten convocado pra o vindeiro día 16 de abril unha FOLGA de 24 horas en tódolos centros de traballo da empresa ATENTO no estado español. Na Coruña, o Comité de Empresa ten acordado apoiar esta convocatoria.


Nota de Prensa do Comité de Empresa de ATENTO:

“A Coruña, 4 de abril de 2007

Tras o pleno celebrado hoxe polo Comité de Empresa, e dado que segue sen producirse a readmisión dos despedidos, chegamos ó acordo de apoiar a convocatoria de folga de 24 horas do próximo luns, 16 de abril. Coincidindo coa xornada de folga, e ante a pasividade das institucións, está comunicada oficialmente unha concentración de traballadores ese mesmo día, esixindo a readmisión dos despedidos diante da sé da Xunta de Galicia, en Santiago de Compostela, ás 11:30 horas.

Así mesmo, con data de hoxe solicitamos unha reunión urxente co Conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, e con Fernando Blanco, Conselleiro de Innovación e Industria, reclamando solucións ao conflicto de Atento e esixindo que actúen co rigor e a competencia que lles confire a lei ata a consecución da readmisión dos compañeiros e compañeiras despedidos.

Están previstas asembleas de traballadores o vindeiro mércores, 11 de abril, ás 11 da mañá e ás 7 da tarde. O lugar de celebración está pendente de confirmar. As asembleas servirán para coordinar e organizar a xornada de folga e a concentración diante da Xunta, así como actuacións futuras.
EN DEFENSA DO EMPREGO,
NIN UN DESPIDO MÁIS !!!

DESPEDIDOS READMISIÓN !!!”