Durante toda a xornada de hoxe producíronse paros de dúas horas por turno de traballo no centro coruñés de Atento continuando as mobilizacións en protesta polos case douscentos despedidos, seguidos masivamente polos traballadores e traballadoras.
O seguemento dos paros no centro de traballo da Coruña foi masivo en tódalas quendas (00:00-02:00, 11:00-13:00 e 17:00 a 19:00) rondando o 90%. Salas valeiras, auriculares desconectados e masiva presencia nas concentracións convocadas tanto pola mañá como pola tarde.
Así mesmo, pola mañá, tivo lugar unha reunión na delegación provincial da consellería de traballo na que estiveron presentes tanto a empresa, representada por Encarna Mora (directora de recursos humanos) como a representación sindical e a propia autoridade laboral. No transcurso da reunión a empresa mantivo a irrevocabilidade dos despidos a pesar do dictame dos servizos xurídicos da delegación provincial recoñecendo o argumento da nulidade dos despidos por fraude de lei, o que ven defendendo tanto a CGT como o resto de organizacións sindicais.