Fronte á Delegación do Goberno na coruñesa praza de Ourense, finalizou ás 14 horas a manifestación convocada conxuntamente pola CGT e a CUT. Dende o punto de partida na Praza de Portugal, máis de cincocentos manifestantes recorreron algunhas das mais céntricas rúas da cidade.
Durante todo o percorrido da manifestación foron coreadas consignas contra a reforma das pensións, a reforma laboral, os despedimentos e expedientes de regulación de emprego, contra os gobernos e a patronal, e a favor da necesidade de continuar as mobilizacións logo desta folga xeral.
Ao término da manifestación, un portavoz das organizacións convocantes deu lectura a un comunicado destacando a resposta necesaria da clase traballadora ás agresións tando do capital como dos gobernos contra os nosos dereitos e condicións laborais.
Ademais das folgas xerais de 24 horas en Galicia, Cataluña e Euskadi, a CGT tamén participou nas manifestacións celebradas en Máis de 30 cidades e pobos do resto de España.
A CGT considera que tendo en conta as circunstancias en que se desenvolveron as folgas xerais -servizos mínimos abusivos, presión do empresariado, falta de unidade sindical nas convocatorias e o muro de silencio dos medios informativos convencionais- o grao de participación dos traballadores nas mobilizacións foi positiva.
Novamente condenamos os servizos mínimos abusivos ditados polas diferentes administracións do estado que impediron a moitos traballadores o exercicio do dereito de folga. Así mesmo a CGT condena os desproporcionados dispositivos policiais e a actuación represiva das distintas policías en diversas cidades como Barcelona, Vigo ou Bilbao.
A Confederación Xeral do Traballo seguirá traballando con toda a súa capacidade contra as políticas antisociais do goberno e o pacto social acordado onte cos sindicatos UGT e CCOO, que supón o saqueo do sistema público de pensións e un atraco directo aos dereitos dos traballadores e da poboación máis precaria.

No hay comentarios:
Publicar un comentario