*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

miércoles, 25 de abril de 2012

Manifestación do 1º de Maio na Coruña

Como os últimos anos, a CGT da Coruña convoca unha manifestación, conxuntamente coa CUT, o próximo Primeiro de Maio, que sairá da Praza de Pontevedra da Coruña ás 12:30 horas.
Este ano, o Primeiro de Maio ten unha especial importancia. Se sempre foi un día de afirmación de pertenza a unha clase, hoxe en día, tras as masivas mobilizacións do pasado 29 de marzo, a clase traballadora non pode quedarse agora na casa a esperar que este goberno, lacaio do capitalismo máis voraz, cambie os seus obxectivos de empobrecemento da poboación. Agora, máis que nunca, temos que continuar ata conseguir parar os plans de recortes nos servizos públicos e botar un empurrón cara a consecución da derrogación da última Reforma Laboral.

No hay comentarios: