O pasado 27 de xullo, EXTEL (empresa do sector do telemarketing) ten
executado dous novos despidos, que se veñen a unir aos xa realizados
recentemente. Neste caso, as afectadas son duas compañeiras
coordinadoras do departamento de “Retención Genérica PYMES”. O motivo
que a empresa ten alegado, é o baixo rendemento, unha excusa que
urdiron, para poder botar á rúa a estas traballadoras sen ningunha
indemnización. Mentres a empresa e os seus secuaces lambecús seguen
tratando de nos vender 0 conto de que este é un bó lugar para traballar,
a realidade é que para eles somos simples números cós que poder xogar.
Para a CGT,
calquera despido é inxusto, pero non hai despido máis aberrante e
provocador que o do capricho do patrón: aquel que toca non se sabe ónde,
nin cándo, nin a quién. Só coa solidariedade, o apoio mutuo e maila
acción directa dos traballadores, poderemos conseguir que cesen estas
inxustas agresiónes que estamos a padecer.
Por isto, a CGT convoca, xunto coa CIG, unha Concentración en protestas polos despidos o vindeiro martes 7 de agosto as 15:00 horas, diante da empresa, no Edificio Proa de Matogrande.
Xa é hora de que os traballadores lle plantemos cara, a dirección da
empresa, que únicamente busca explotarnos cada vez máis, para acadar o
máximo beneficio a nosa conta ... Temos que ser
conscientes de que todos estamos sendo atacados. Tentan que sexamos
sumisos meténdonos o medo no corpo, coa única intención de irnos
aniquilando pouco a pouco. SE TOCAN A UN, TÓCANNOS A TODOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario