*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

sábado, 19 de mayo de 2007

FOLGA EN ATENTO

Ante o proceso de despidos masivos que a empresa Atento está a realizaro nos diversos centros de traballo de toda España, a CGT ten decidido convocar paros de duas horas en tódolas quendas o vindeiro luns, día 21. O paro afectará a tódolos centros de traballo que a empresa Atento-Telefónica ten no estado español.

O horario da folga é o seguinte:

  • De 0 a 2 horas
  • De 11 a 13 horas
  • De 17 a 19 horas

A CGT tamén convocou unha xornada de folga de 24 horas o lúns día 28. Esta folga afectará, novamente, a tódolos centros de traballo.