*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

lunes, 28 de abril de 2014

Manifestación do Primeiro de Maio na Coruña


O vindeiro Primeiro de Maio, a CGT volverá a saír en manifestación  polas rúas da Coruña. A manifestación este ano farase conxuntamente coa CUT, o STEG e o Sindicato da Elevación.
Para a CGT a situación que estamos a sufrir a clase obreira é ignominiosa e insostible. As enormes cifras do desemprego, a constante sangría de dereitos laborais e sociais, os ataques aos servizos públicos como ensino, sanidade, servizos sociais, etc., xunto coa ameaza constante ao sistema público de pensións, a pobreza, os desafiuzamentos, … fan preciso que, máis que nunca, os traballadores e traballadoras expresemos, clara e firmemente, o noso total rexeitamento e activa oposición a esta situación para poñer fin a que, ás nosas costas, se siga negociando e xogando cos nosos dereitos e intereses.
Por isto, a CGT da Coruña convoca ao pobo traballador a que participe na manifestación que o próximo Primeiro de Maio sairá ás 12:30 horas da Praza de Pontevedra da Coruña e que rematará na Praza do Humor.
Comité Local da CGT da Coruña


¡¡CONTINUAMOS LAS MOVILIZACIONES!!


viernes, 25 de abril de 2014

5 DE MAIO: a loita continúa

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA:

Como non podía ser doutra forma, continúan as mobilizacións en todos os centros de traballo de Atento en España: o 5 de maio paramos de 11:00 a 12:00 e de 18:00 a 19:00 horas. Seguiremos ata obter o compromiso das empresas de atender as nosas reivindicacións. Seguimos tendo motivos: despidos e sancións inxustos e miserables; cambios sen sentido de quendas e horarios; falta de formación; acosos diarios con control total das pausas e descansos, escoitas, gravacións e monitorizacións constantes; ameazas que teñen como único fin sementar o medo entre os traballadores das empresas de telemarketing para provocar a nosa submisión absoluta. 

Se consentimos que Atento-Movistar sigan precarizando as nosas condicións laborais, os seus beneficios non deixarán de aumentar a costa da nosa saúde. Somos nós os que xeramos eses beneficios indecentes mentres nos machucan a diario, e somos todos nós os únicos que podemos mudar esta situación. O vindeiro 5 de maio será un paso máis cara adiante e así llo temos que facer saber aos explotadores de Atento e Movistar. 

PAROS O LUNS 5 DE MAIO:
DE 11:00 A 12:00 HORAS
DE 18:00 A 19:00 HORAS

PORQUE NOS AFECTA A TODOS, NON O CONSINTAMOS:
MOVISTAR NON SOMOS MERCANCÍA, 
IMOS REMATAR COA VOSA TIRANÍA!!

martes, 1 de abril de 2014

PAROS DEL 7 DE ABRIL

Ya está más cerca el próximo día 7 de abril, fecha de las nuevos paros. Hasta ahora hemos hecho a las empresas y a su imagen que tanto cuidan (más que a sus trabajadores) más daño del que quieren reconocer. Por eso es el momento de no desfallecer y de seguir adelante, no hemos llegado hasta aquí para ahora quedarnos sentados como borregos sin decir nada. Tenemos que seguir, entre todos, reivindicando y luchando por nuestros derechos.