A CGT da Coruña convoca unha concentración o día 31, mércores, ás 19:30 horas, no inicio da Rúa Real, da Coruña,
no cruce da Rúa do Agar, en protesta polos recortes e as medidas
antisociais do goberno e a prol do Paro Xeral de 24 horas que terá lugar
o día 14 de novembro.
Para a CGT, a situación na que se atopan os
traballadores e a poboación máis débil é intolerable e merecente da
mobilización máis rotunda do pobo. A CGT considera que
non se pode manter unha actitude de submisión e mansedume cando hai casi
seis millóns de parados, 500 desafiuzamentos diarios e un 20% da
poboación en grave risco de exclusión. Por iso non pode haber nin tregua
nin descanso para os que se están beneficiando da chamada crise nin
para aqueles que, desde o poder, a utilizan para deixar sen dereitos aos
que non teñen culpa dos seus desmáns.
NON QUEDES NA CASA E SAE Á RÚA A BERRAR!
CONTRA A EXPLOTACIÓN E AS POLÍTICAS QUE NOS LEVAN Á MISERIA!
VIVA A FOLGA XERAL!