*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

jueves, 30 de enero de 2014

Comité de empresa informa: AS RESPOSTAS DE ATENTO ÁS NOSAS REIVINDICACIÓNS

1.    NON VAN READMITIR AOS COMPAÑEIROS DESPEDIDOS
2.    NON VAN AMPLIAR A XORNADA DE FORMA DEFINITIVA NO CAT ADSL (escúdanse en que o tráfico de chamadas é estacional e oscilante)
3.    VAN SEGUIR SANCIONANDO CANDO E COMO LLES PETE.
4.    NON VAN GARANTIR UN TEMPO MÍNIMO ENTRE CHAMADAS (para beber e  respirar xa están as pausas...)
5.    SEGUIREMOS SEN PODER FACER AS PAUSAS E OS DESCANSOS CANDO O NECESITEMOS: só cando nos dean permiso e o volume de chamadas o permita.
6.    CONSIDERAN QUE PODEN FACERNOS ESCOITAS, GRAVACIÓNS E SEGUIMENTOS COMO E CANDO QUEIRAN.
7.    FORMACIÓN: DIN QUE HAI MILLEIROS DE HORAS IMPARTIDAS (non sabemos a quen, cal, onde nin cando)
En resume, están dispostos a seguir espreméndonos mentres llo consintamos, e a cousa irá a máis se non lles paramos os pés.
O mércores día 5 ás 12 e ás 19 merendámonos a súa prepotencia. Haberá café, in-Fusión e un pouco de fibra en función do mapa de oferta. Consultade dispoñibilidade de cobertura.

   PORQUE NOS AFECTA A TODOS...
     ...É HORA DE QUE SAIAMOS Á RÚA.
NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!!
5 FEBREIRO PARAMOS, E NON IMOS ESTAR SÓS
DE 12:00 A 13:00 HORAS

DE 19:00 A 20:00 HORAS

jueves, 23 de enero de 2014

REUNIÓN COA EMPRESA: RÍENSE DE NÓS

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA

Hai máis dun mes que o Comité se dirixiu á empresa esixindo unha serie de reivindicacións para rematar coa degradación das nosas condicións laborais e cos constantes abusos, intimidacións, presións e ameazas ás que os traballadores nos vemos sometidos nos últimos meses. A falta de resposta de Atento nos levou a convocar –xunto con Extel (Eurocen)- o paro do pasado día 8, que foi secundado de forma masiva polos traballadores e nos reafirma nas nosas pretensións de acadar os obxectivos perseguidos. 
A día de hoxe a situación non mudou o máis mínimo. Por iso o 20 de xaneiro o Comité de empresa pediu unha reunión con Atento para tratar as mesmas reivindicacións formuladas en decembro (readmisión dos despedidos, ampliación definitiva da xornada aos traballadores do CAT ADSL, audiencia previa ao Comité antes de interpoñer sancións, tempo entre chamadas, autonomía para as pausas e descansos, cese de gravacións e seguimentos e implantar a formación profesional necesaria).
Hoxe Atento accedeu a reunirse co Comité para tratar as nosas reivindicacións, pero tras máis de 2 horas quedou demostrado que viñeron a rirse de nós: non quixeron atender ningunha das nosas propostas e negan todo o que está sucedendo a diario (presións, ameazas, seguimentos...) 
 Queremos deixarlles claro a Movistar e Atento que esta non é unha loita dun día, que se prolongará todo o tempo que sexa necesario ata que atendan as nosas xustas demandas. Por este motivo decidimos dar un paso máis e volver convocar mobilizacións, de novo xunto aos compañeiros de Extel/Eurocen: o próximo mércores 5 de febreiro convocamos outro paro laboral dunha hora por quenda (de 12 a 13 horas e de 19 a 20 horas).
PORQUE NOS AFECTA A TODOS!!!!!
É HORA DE QUE SAIAMOS Á RÚA
NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!!
 POR TI, POR TODOS:
5 FEBREIRO PARAMOS, E NON IMOS ESTAR SÓS
DE 12:00 A 13:00 HORAS
DE 19:00 A 20:00 HORAS