*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

lunes, 7 de noviembre de 2011

20-N. Pola abstención activa e consciente

O teu voto cría corvosO 20 de novembro están convocadas eleccións xerais políticas para decidir a composición do Parlamento e goberno españois nos próximos catro anos. Unha vez máis, a clase política pídenos que sexamos cómplices coa súa servidume aos intereses do capitalismo e, con el, acatemos o inxusto réxime social e político vixente.
Tras máis de trinta anos de eleccións políticas e gobernos de diferentes pelaxes, o resultado para os traballadores non veu sendo outro que a perda constante de dereitos e conquistas sociais, unha e outra vez acernadas polas sucesivas reformas laborais, decretazos e axustes: despedimento libre e barato, precariedade e temporalidade no emprego, sometemento dos traballadores á vontade dos empresarios, recortes de pensións, lexislación laboral ao servizo dos intereses da patronal…
Estas reformas, que non tivesen sido posibles sen a complicidade do sindicalismo institucionalizado, trouxéronnos á realidade actual: máis de cinco millóns de traballadores no paro; case dous millóns de familias con todos os seus membros sen traballo e condenadas á miseria e exclusión social; centos de miles de persoas perderon xa as súas vivendas; 13 millóns de traballadores teñen ingresos anuais inferiores aos 12.000 euros; conxelación das pensións; posta en mans privadas e espolio do patrimonio de todos; recorte dos servizos públicos esenciais como sanidade e educación, e agresión salvaxe á natureza e medio e á saúde das persoas.
Ante esta situación, a CGT de Galicia non colaborará nin será partícipe da farsa programada para o 20 de novembro. Propugna a abstención activa fronte ás eleccións políticas e a mobilización social fronte ás inxustizas.