*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

viernes, 13 de febrero de 2015

Paros 19 de febrero

Comunicado CGT, CIG y USO
SUBLÉBATE CONTRA OS ATAQUES DE ATENTO E MOVISTAR.

Dende que rematou o conflito do ERE no mes de novembro están sendo continuas as agresións aos traballadores.
Primeiro foi a degradación das funcións que realizaban algúns dos traballadores reincorporados no centro da Coruña, para continuar “inventándose motivos” por cambiar as quendas de traballo a varios compañeiros sen respectar o dereito a conciliación familiar dalgúns deles.
Ademais seguen en aumento as presións, persecucións, abusos e acosos en tódolos departamentos, que xa viñamos padecendo durante o ano pasado; exemplo disto é que a empresa está monitorizando todo o día a determinados traballadores co único fin de sancionalos, aínda que resolvan correctamente as chamadas. O caso máis sangrante e recente que coñecemos supuxo unha suspensión de emprego e soldo de dez días. De todo isto son responsables tanto Atento como Movistar, que o único que pretenden é aumentar beneficios a costa de avasalarnos, pisando os nosos dereitos e sen importarlles o máis mínimo a nosa saúde. O máis denigrante é que primeiro provocan que enfermemos a causa das pésimas condicións laborais e da presión constante para logo despedirnos coa escusa do absentismo que eles mesmos xeran, como aconteceu onte con 3 compañeiros.
Non son suficientes as infraccións que poidan recibir por parte da autoridade laboral no tocante os abusos, ameazas e sancións. Somos nós os que temos que tomar a iniciativa, saír a rúa  e defendernos dos ataques, esixir que cesen e gañarnos o respecto que nos merecemos. Temos que reaccionar retomando as mobilizacións do ano pasado. Canto antes. Aínda que a loita é longa paga a pena levala a cabo, como xa se demostrou no ERE.

O vindeiro xoves 19 vos convocamos a dúas concentracións en protesta por todas as agresións, diante do centro de traballo na rúa Juan Flórez, en horarios de 12 a 13 e de 19 a 20 horas. Están convocados paros laborais en todos os servizos coincidindo coas horas das concentracións.


XOVES 19 DE FEBREIRO:
PAROS DE 12 A 13 E DE 19 A 20 HORAS


SAIAMOS Á RÚA EN DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS!!