*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

jueves, 30 de septiembre de 2010

Discurso da CGT da Coruña como peche da manifestación do 29-S

Hoxe, 29 de setembro, convocados por todos os sindicatos de clase, os traballadores estamos en Folga, un Paro Xeral co obxectivo de conseguir botar abaixo as medidas antiobreiras do goberno. Esta convocatoria non é unitaria pola prepotencia de CC.OO.-UGT, que causou que a CGT fixese unha convocatoria coincidente con eles na data para unha mobilización para nós tardía e insuficiente, pero non por isto menos necesaria.
Sabemos que mañá, tanto o goberno como o sindicalismo institucional correrán a escenificar o seu reencontro –xa hai anunciados contactos posteriores- e non é de descartar que, incluso, intenten maquillar a salvaxe Reforma Laboral recentemente aprobada. Sen embargo, non podemos esperar ningún cambio realmente importante destes lacaios do capitalismo, fieis servidores deste obsceno sistema económico e social. Unha coma máis aquí ou unha porcentaxe menos aló non fará que estemos, nin un só milímetro, máis cerca dunha sociedade máis xusta ou igualitaria que a actual.
As agresións non fixeron máis que comezar.

jueves, 16 de septiembre de 2010

Unísono: 34 traballadores de telemarketing despedidos

O pasado luns, día 13, a empresa de telemarketing Unísono comunicou ó Comite a rescisión do contrato de 34 traballadores en Vigo polo artigo 17 do Convenio Colectivo: por disminución del volumen de chamadas para a empresa contratada ( Help Desk Vodafone e Iberdrola).

A empresa xustifica os despidos por baixar o volumen das chamadas nun 40 por cento en cada campaña: datos  pouco fiables xa que pode ser que baixaran as chamadas ou ben polo desvío de carga  de traballo a outros centros de chamada doutras poblacións. A baixada de chamadas produciuse nos meses de verán cando a carga de traballo é menor.