As candidaturas da CGT
foron as listas mais votadas nas eleccións sindicais que onte se celebraron
tanto na empresa do sector do telemárquetin Eurocen como en Zara Loxística, do
grupo Inditex, dúas das maiores empresas da comarca.
Na
empresa Eurocen a lista da CGT foi a
candidatura mais votada, obtendo tamén o maior número de delegados, con 8
delegados. Na empresa Zara Loxística a
candidatura da CGT foi a lista que obtivo un maior apoio entre os
traballadores, resultando elixidos 7 delegados.
Estes
resultados amosan o crecemento do apoio entre a clase traballadora a unha
acción sindical que enfronta con firmeza os ataques do capital e dos gobernos.
Os traballadores e traballadoras teñen apostado con forza pola CGT e por
un modelo sindical distinto que, dende o seu carácter asembleario e combativo,
seguirá a traballar na defensa dos dereitos da clase obreira apostando pola
autoxestión e a solidariedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario