![](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_tKQq8jDHSM1FQM6keAWEyabF-HqqNCbwYsJnW-8vf9qvjZCACAg_wjRoEjlGcJClb6R6QpOw-fX5D-UjuUtbWjLkAGJ447tEdbZrsWdX4aCT41ieKahs3iYC5qOc6w4RdYZo0L0VHGJMK0pC03e8nfJN_Y9DHX3aqO59PEChlR=s0-d)
A
CGT
da Coruña, unitariamente co resto de sindicatos da Plataforma Galega en
Defensa dos Servizos Públicos, convoca á manifestación que o próximo
luns, día 15 de outubro, ás 19:00 horas, sairá da Praza de Pontevedra da Coruña
co obxectivo de amosar a nosa protesta polos
recortes antisociais do goberno e polo desmantelamento dos Servizos
Públicos, que están afectando aos sectores máis débiles da poboación. Ao
mesmo tempo, están entregando nas mans privadas o que ata agora era de
todos (transporte ferroviario, sanidade, educación), roubándonos o que
nos custou décadas acadar. Estas políticas ocúpanse dos pobres
banqueiros, pero nos recortan dereitos laborais e sindicais, nos baixan
as prestacións do paro, fannos pagar máis polas menciñas, recortan
salarios e pagas, déixannos sen vivendas… Non podemos consentir que nos
sigan esquilmando; temos que paralos. E entre todos podemos.
BASTA XA DE MENTIRAS E DE RECORTES!
TODOS Á RÚA O DÍA 15!
No hay comentarios:
Publicar un comentario