COMITÉ DE EMPRESA INFORMA
Hai máis dun mes que o Comité se dirixiu á empresa esixindo unha serie de reivindicacións para rematar coa degradación das nosas condicións laborais e cos constantes abusos, intimidacións, presións e ameazas ás que os traballadores nos vemos sometidos nos últimos meses. A falta de resposta de Atento nos levou a convocar –xunto con Extel (Eurocen)- o paro do pasado día 8, que foi secundado de forma masiva polos traballadores e nos reafirma nas nosas pretensións de acadar os obxectivos perseguidos.
A día de hoxe a situación non mudou o máis mínimo. Por
iso o 20 de xaneiro o Comité de empresa pediu unha reunión con Atento para
tratar as mesmas reivindicacións formuladas en decembro (readmisión dos
despedidos, ampliación definitiva da xornada aos traballadores do CAT ADSL,
audiencia previa ao Comité antes de interpoñer sancións, tempo entre chamadas,
autonomía para as pausas e descansos, cese de gravacións e seguimentos e implantar
a formación profesional necesaria).
Hoxe Atento accedeu a reunirse co Comité para tratar as
nosas reivindicacións, pero tras máis de 2 horas quedou demostrado que viñeron
a rirse de nós: non quixeron atender ningunha das nosas propostas e negan todo
o que está sucedendo a diario (presións, ameazas, seguimentos...)
Queremos
deixarlles claro a Movistar e Atento que esta non é unha loita dun día, que se
prolongará todo o tempo que sexa necesario ata que atendan as nosas xustas
demandas. Por este motivo decidimos dar un paso máis e volver convocar
mobilizacións, de novo xunto aos compañeiros de Extel/Eurocen: o próximo
mércores 5 de febreiro convocamos outro paro laboral dunha hora por quenda (de
12 a 13 horas e de 19 a 20 horas).
PORQUE NOS AFECTA A TODOS!!!!!
É HORA DE QUE
SAIAMOS Á RÚA
NON PERMITAMOS QUE
NOS PISOTEEN!!
POR TI, POR TODOS:
5 FEBREIRO
PARAMOS, E NON IMOS ESTAR SÓS
DE 12:00 A 13:00
HORAS
DE 19:00 A 20:00
HORAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario