Comunicado CGT, CIG y USO
SUBLÉBATE CONTRA OS
ATAQUES DE ATENTO E MOVISTAR.
Dende que
rematou o conflito do ERE no mes de novembro están sendo continuas as agresións
aos traballadores.
Primeiro foi a degradación
das funcións que realizaban algúns dos traballadores reincorporados no centro
da Coruña, para continuar “inventándose motivos” por cambiar as quendas de
traballo a varios compañeiros sen respectar o dereito a conciliación familiar dalgúns
deles.
Ademais seguen
en aumento as presións, persecucións, abusos e acosos en tódolos departamentos,
que xa viñamos padecendo durante o ano pasado; exemplo disto é que a empresa
está monitorizando todo o día a determinados traballadores co único fin de
sancionalos, aínda que resolvan correctamente as chamadas. O caso máis sangrante
e recente que coñecemos supuxo unha suspensión de emprego e soldo de dez días.
De todo isto son responsables tanto Atento como Movistar, que o único que
pretenden é aumentar beneficios a costa de avasalarnos, pisando os nosos
dereitos e sen importarlles o máis mínimo a nosa saúde. O máis denigrante é que
primeiro provocan que enfermemos a causa das pésimas condicións laborais e da
presión constante para logo despedirnos coa escusa do absentismo que eles
mesmos xeran, como aconteceu onte con 3 compañeiros.
Non son
suficientes as infraccións que poidan recibir por parte da autoridade laboral
no tocante os abusos, ameazas e sancións. Somos nós os que temos que tomar a
iniciativa, saír a rúa e defendernos dos
ataques, esixir que cesen e gañarnos o respecto que nos merecemos. Temos que reaccionar
retomando as mobilizacións do ano pasado. Canto antes. Aínda que a loita é
longa paga a pena levala a cabo, como xa se demostrou no ERE.
O vindeiro xoves 19 vos convocamos a dúas
concentracións en protesta por todas as agresións, diante do centro de traballo
na rúa Juan Flórez, en horarios de 12 a
13 e de 19 a 20 horas. Están convocados paros laborais en todos os servizos coincidindo coas horas das
concentracións.
XOVES 19 DE FEBREIRO:
PAROS DE 12 A 13 E DE
19 A 20 HORAS
SAIAMOS Á RÚA EN
DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario