COMITÉ DE EMPRESA ATENTO CORUÑA
CONTRA O PECHE DO 11822
LUNS DÍA 20 PECHAMOS ATENTO!!!
O vindeiro luns temos unha cita ineludible, folga de 24 horas e
manifestación as 20:00 horas, saíndo da porta de Atento Juan Flórez, e
rematando no mesmo lugar.
A manifestación transcorrerá por Linares Rivas, Juana de Vega, Plaza
Pontevedra e Juan Flórez.
A folga consistirá nun paro laboral de 24 horas o próximo 20 de Abril
de 2015 coa excepción das quendas que comecen antes das 00:00 horas ou
finalicen despois das 24 horas, para os que a convocatoria se estenderá ata a
hora de comezo ou finalización da quenda en cada caso. Calquera dúbida
consultar cun representante do comité.
A convocatoria están chamados todos os traballadores da empresa ATENTO
TELESERVICIOS ESPAÑA en A CORUÑA.
Recordamos tamén que os compañeiros de Atento Bilbao secundarán a folga
o mesmo día, e coincidimos coa folga de carácter indefinida dos técnicos e
instaladores das contratas que traballan para Movistar, que teñen a súa
manifestación o 17-4-2015 as 11:30 (para todos aqueles que poidan apoiar: saen
da central telefónica de Catro Camiños e rematan na de Riazor)
DESPEDIDOS READMISIÓN!!!
CONTRA A EXPLOTACIÓN LABORAL, MOBILÍZATE!!
A Coruña
16 Abril 2015
No hay comentarios:
Publicar un comentario