*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

miércoles, 9 de junio de 2010

Novos despidos en Sykes

O próximo luns, día 14, serán despedidos 62 traballadores na Coruña e 14 en Lugo da empresa de telemárquetin Sykes. Estes despidos prodúcense tras a estimación parcial dun ERE (xa recurrido) presentado con anterioridade e que supuxo o despedimento de 68 traballadores, sumados aos máis de cen que perderon o seu traballo o pasado 31 de marzo por mor dos apaños contractuais entre Telefónica e Sykes.

O motivo deste novo despido masivo -nesta ocasión coa complicidade de Vodafone- é a aplicación do artigo 17 do vixente convenio, que permite a destrución de postos a causa da diminución do volumen de chamadas. Este é un claro fraude de lei, contra o que os traballadores loitarán.

O Comité de empresa da Coruña convoca paros no centro de traballo e concentracións diante da empresa o próximo luns, entre as 12 e as 13 horas e entre as 17 e as 18 horas.

No hay comentarios: