*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

jueves, 16 de septiembre de 2010

Unísono: 34 traballadores de telemarketing despedidos

O pasado luns, día 13, a empresa de telemarketing Unísono comunicou ó Comite a rescisión do contrato de 34 traballadores en Vigo polo artigo 17 do Convenio Colectivo: por disminución del volumen de chamadas para a empresa contratada ( Help Desk Vodafone e Iberdrola).

A empresa xustifica os despidos por baixar o volumen das chamadas nun 40 por cento en cada campaña: datos  pouco fiables xa que pode ser que baixaran as chamadas ou ben polo desvío de carga  de traballo a outros centros de chamada doutras poblacións. A baixada de chamadas produciuse nos meses de verán cando a carga de traballo é menor.


A indemnización polo despido é de 8 días por ano traballado de acordo o actual Convenio Colectivo ó ser contratos por obra e servicio ( a maioría destes traballadores teñen unha antiguedade de 1 ano).

A cousa xa comenzou fai unhas semanas cun porcentaxe alto de sancións e amonestacións da empresa a traballadores por ter unha baixada de rendimento da calidade das chamadas cando a empresa non comunicou ó Comité de Empresa e ós traballadores o baremo dos criterios de calidade nin sequera aporta probas para xustificar as amonestacións e sancións impostas.

A empresa parece ser que en vez de fumigar o centro de arriba de pulgas (moitos traballadores deste centro teñen xa picaduras destes chinches) o que máis  lles preocupa é fumigar ós traballadores.

A rescisión dos contratos se fará efectiva o vindeiro día 28 de setembro ( día anterior a Folga Xeral) un motivo máis para que os seus compañeiros fagan folga ese día.

A Sección Sindical da CGT Unísono Vigo fixo unha proposta ó Comité de Empresa para concentracións nas portas dos seus centros .  A CIG  non farán nada xa que non farán nada hasta comprobar se hai irregularidades , e CCOO e UGT non nos deron resposta.

Os traballadores de Unísono seguen sen cobrar os atrasos salariais, dende que hai dous meses saeu a sentencia do Tribunal Supremo dando a razón a CGT sobre a subida do IPC e a día de hoxe aínda a empresa segue sen recoñecer  outra sentencia do T. Supremo e débenos un descanso de cinco minutos.

1 comentario:

Alexis dijo...

Hola
acá un ex teleoperador de atento. que estuvo en el sindicato y fue echado por haberlo formado y haber llevado adelante la lucha por los derechos.
1 mil gracias por tener entre los links de interés el link a lo que fue nuestro blog sindical, que hoy día es un blog más dedicado a otras cosas. entre otros motivos, porque atento uruguay la ganó, desarmó al sindicato, infiltró gente funcional a los intereses de la patronal dentro del sindicato. y se deshizo de los que queríamos pelear.
en fin
gracias por el link
y bueno
entender que no
no hay forma de ganarles a estas multinacionales
que son como plagas
llegan
comen
y se van