*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

martes, 16 de abril de 2013

Comunicado da CGT e CIG despois da decisión de parte do comité de non secundar a manifestación de hoxe

Comunidado de CGT e CIG despois de que onte, ás 19 horas, soubéramos que os despidos quedan parados porque "se vai abrir unha mesa de negociación estatal na que estarán Atento, CCOO e UGT":
  
A CGT e a CIG informamos que a manifestación de hoxe continúa convocada, e vaise realizar como estaba previsto saíndo diante de Atento as 20:00.
 
As masivas mobilizacións destes días convocadas por decisión unánime do Comité de Empresa e da plantilla, son as que conseguiron que no día de onte a Empresa comunicara a paralización dos despediementos no CAT e en PYMES.
 
É importante que nos vos deixedes enganar polas informacións de onte, o COMITÉ DE EMPRESA DA CORUÑA non ten ningunha convocatoria da Empresa para negociar nada, non existe ningunha MESA DE NEGOCIACIÓN NA CORUÑA.
 
Desde a CGT e CIG reafirmámonos na necesidade de continuar nas mobilizacións para que esta paralización se converta nunha ANULACIÓN DE TODOS OS DESPEDIMENTEOS e nunha DEMOSTRACIÓN DE RESPOSTA PARA DEFENDER O FUTURO DE TODOS OS POSTOS DE TRABALLO EN ATENTO. Esixiremos explicacións a Atento do por que das súas decisións caprichosas e qué hai detrás de toda esta manobra. E non permitiremos que no tocante aos traballadores de Atento Coruña se negocien e tomen decisións fora do noso lexítimo ámbito, que é o centro de traballo de Juan Flórez e cos traballadores de A Coruña e os seus representantes.
 
Por todo elo, HOXE, MARTES 16 DE ABRIL, ÁS 20 HORAS TODAS E TODOS Á MANIFESTACIÓN. CONTINÚA HABENDO PARO LEGAL CONVOCADO DE 20 A 22 HORAS, COINCIDINDO COA MANIFESTACIÓN.
 
ATENTO DESPIDE, TELEFÓNICA CULPABLE

No hay comentarios: