CGT E CIG INFORMAN
Na
reunión mantida onte ás 13:00 horas coa Inspección de Traballo e a empresa, a
inspección –parece que agora sí- ten claro que os contratos dos 112 compañeiros
de Pymes que ían ser despedidos están en fraude e, como consecuencia, teñen que ser convertidos en indefinidos. De
momento, sigue requirindo máis información á empresa para comprobar a fraude no
resto de contratos de obra, tanto de Pymes como de CAT ADSL.
A requirimento
da inspección, a empresa presentou os diversos contratos mercantís asinados
entre Telefónica e Atento relativos aos servizos que prestamos en Coruña;
existen, e non teñen nada que ver coa nula información á que estamos
acostumados a recibir cando esiximos claridade sobre a contratación. Esperamos
que en breve dispoñamos de copia deses contratos, porque é o noso dereito.
Por
último, tamén se lle requiriu á empresa que aporte á representación dos
traballadores toda a información relativa ao acordo marco asinado entre
Telefónica e Atento, e que regula a relación de Atento como provedor de
servizos do Grupo Telefónica, por un período de 9 anos.
Seguiremos
informando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario