A CGT da Coruña acolle o XVII Congreso de sindicatos da Confederación Xeral do Traballo (CGT), que terá lugar entre o 17 e o 20 de outubro de 2013.
Con motivo do Congreso, a CGT da Coruña organiza unha nova edición das Xornadas Libertarias que en anos anteriores estiveron adicadas á pedagoxía e á memoria histórica libertarias.
Nesta ocasión as xornadas serán mais amplas, abranguendo temáticas que van dende a autoxestión, o esperanto, os movementos populares no norte de África, a defensa do ensino público,…
Agardamos que as actividades programadas sirvan como espazo de aprendizaxe, reflexión e debate.
O Programa das Xornadas é o seguinte:
- O venres, 4 de outubro, ás 18 horas, Inauguración das Xornadas na UNED da Coruña (Rúa de Pepín Rivero, 3)
- Do 4 ao 15 de outubro, estará aberta ao público a Exposición “A lingua como liberación: o esperanto”, de luns a venres, en horario de 10 a 14 e 16 a 19 horas, na UNED da Coruña.
- O venres, 11 de outubro, ás 19:30 horas, Charla Coloquio sobre o esperanto, a cargo de esperantistas galegos. No salón de actos da UNED da Coruña.
- O luns, 14 de outubro, ás 19:30 horas, Charla Coloquio “A emancipación social: delegación ou autoxestión?. Ensinanzas de século e medio de loita”, con Octavio Alberola, historiador e loitador libertario contra o franquismo. Na biblioteca da A.VV. de Monte Alto (Campo de Marte)
- O martes, 15 de outubro, ás 19:30 horas, Charla Coloquio “A LOMCE: un novo ataque á educación”, con Rafael Fenoy, docente da Federación de Ensino da CGT. Na Federación de ANPAS da Coruña (Rúa do Orzán, 21)
- O mércores, 16 de outubro, ás 19:30 horas, Charla Coloquio “Movementos populares no norte de África”, con Abri Kodri, docente e sindicalista tunecino. Na Federación de ANPAS da Coruña (Rúa do Orzán, 21)
No hay comentarios:
Publicar un comentario