*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

jueves, 20 de febrero de 2014

COMITÉ DE EMPRESA INFORMA: CONTINÚAN AS AGRESIÓNS E AS PROVOCACIÓNS DE ATENTO E MOVISTAR

Atento e Movistar seguen sen querer poñer fin a situación de conflitividade  laboral. É máis, lonxe de rebaixar abusos e presións, a súa maneira de reaccionar fronte as nosas reivindicacións é a da provocación e o incremento das agresións ós traballadores.

    O pasado luns día 10 o comité de Seguridade e Saúde reuniuse a petición dos representantes sindicais, unha vez que coñecemos os resultados da avaliación de riscos psicosociais nos servizos nos que non se fixera previamente (Recobros, SAT-SATE e 11822). Os resultados desta última avaliación non fan máis que reflectir a nefasta situación laboral que estamos a padecer en todos os servizos. Entre outras, as propostas que fixemos á empresa foron: aumento de tempo administrativo; implantación dun tempo entre chamadas; formación continuada, axeitada e adaptada a cada servizo; cese de seguimentos; garantir o acceso e correcto funcionamento de todas as aplicacións; cese de presións...  A resposta da empresa foi a de demostrar un nulo interese pola nosa saúde. Por riba dela están os cartos e que atendamos máis chamadas e máis rápido (máis cartos, outra vez).

Non contentos con xogar coa nosa saúde, o día 13 a empresa despediu aleatoriamente a unha compañeira máis (despido disciplinario) de xeito miserable e inxusto, co único obxectivo de seguir amedrentándonos. PERO NON VAN PODER CON NÓS!!. A LOITA CONTINÚA E IRÁ A MÁIS. O comité de empresa decidiu continuar coas mobilizacións –tamén xunto con Extel Coruña- convocando outro paro laboral dunha hora por quenda o próximo venres 7 de marzo (de 12 a 13 e de 19 a 20 horas). Antes faremos concentracións-protesta diante das tendas de Movistar os días 24 e 27 deste mes; o luns 24 diante da tenda da Praza de Pontevedra ás 12 horas e o xoves 27 diante da tenda da rúa Ramón y Cajal ás 19 horas. Animámosvos a participar nas mesmas fóra do voso horario laboral (non hai paros convocados eses días)

PORQUE NOS AFECTA A TODOS, É HORA DE QUE SAIAMOS DE NOVO Á RÚA.

NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!!

7 DE MARZO PARAMOS, E NON IMOS ESTAR SÓS

DE 12:00 A 13:00 HORAS

DE 19:00 A 20:00 HORAS

No hay comentarios: