*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

lunes, 17 de febrero de 2014

Concentración pola readmisión de José Carlos

Fai pouco máis de dous anos xurdía a sección sindical de CGT enTranscom, unha multinacional sueca contratada polo BBVApara a atención telefónica. Desde entón, a CGT ten presentadascase 200 denuncias, plantexados varios conflitos colectivos, publicado un boletín mensual -que deu lugar a unha absurda demanda por parte de varios directivos de Transcom- e levou a cabo diversas accións reivindicativas. Transcom, demasiado acostumada a atropelar os traballadores e moi pouco habituada a soportar a combatividade sindical,  non puido aguantar máis e decidiu o que o corpo lle viña pedindo dende hai tempo: despedir o pasado 31 de xaneiro a José Carlos Romero, representante da CGT, polo “grave” delito de informar a uns traballadores que ían ser despedidos e ofrecerlles asesoramento legal e sindical, ademais do non menos “grave” delito de desobedecer as ordes empresariais de estarse caladiño. Este despotismo e esta agresión só poden ter unha resposta: a mobilización para conseguir a readmisión inmediata do noso compañeiro.
Por iso, en solidariedade co compañeiro despedido, a CGT da Coruña covoca unha concentración o día 18, martes, ás 13:00 horas, diante da oficina central do BBVA na Coruña, sita no número 18 do Cantón Pequeno.

JOSE CARLOS READMISIÓN

SE TOCAN A UN, TÓCANNOS A TODOS!

No hay comentarios: