COMUNICADO DO COMITÉ DE EMPRESA DE ATENTO CORUÑA
Agora é o momento de seguir loitando todos xuntos, se non queres ser ti a quen mañá lle cambien o horario, se non queres ser ti a quen lle fagan un seguimento ou se non queres ser ti quen se vexa inxustamente na rúa. A empresa depende de nós porque somos os que sacamos adiante o traballo, os que lles facemos aumentar os seus indecentes ingresos. Nós temos a forza e seremos máis fortes cantos máis sexamos. Desta vez, todos os centros de traballo de Atento e de Extel en España convocan os paros do 7 de marzo. Este feito xa de por si é un mérito de todos os que, dende Coruña, iniciamos a loita en xaneiro. Pero non será doado; os traballadores temos que manternos firmes nas reivindicacións.
Todos estamos afectados: teleoperadores, xestores, auditores, coordinadores, formadores...alcemos a voz para dicir BASTA!! E fagámolo na rúa; deixa de lamentarte no posto. Dá a cara. Cada vez estamos máis preto de acadar os nosos obxectivos a prol de conseguir unha estabilidade e condicións laborais dignas. Tanto Atento como Movistar son conscientes de que a nosa loita vai a máis e, se continuamos así, terán que ceder.
O día 7 todos vestidos de negro para enterrar as súas presións, ameazas, agresións e desprezos.
PORQUE NOS AFECTA A TODOS, É HORA DE QUE SAIAMOS DE NOVO Á RÚA.
NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!!
7 DE MARZO PARAMOS, E CADA VEZ MÁIS!!
DE 12:00 A 13:00 HORAS
DE 19:00 A 20:00 HORAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario