XUNTANZAS DOS
TRABALLADORES SUBCONTRATADOS POR MOVISTAR NA CORUÑA
COMITÉ DE EMPRESA INFORMA:
COMITÉ DE EMPRESA INFORMA:
Como non podía ser doutra forma, continúan as mobilizacións en Extel e Atento. Tanto Movistar como as súas contratas seguen sen atender as nosas xustas reivindicacións. Tras tres paros dunha hora por quenda no primeiro trimestre do ano, os comités de empresa de Extel e Atento na Coruña decidimos convocar un novo paro laboral de dúas horas por quenda (de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas) o vindeiro 7 de abril. Cremos firmemente que é hora de intensificar a loita e trasladar as nosas protestas máis alá de cada centro de traballo, por iso desta vez os compañeiros de Extel e Atento sairemos en manifestación, cada un dende o seu centro de traballo, para xuntarnos en perfecta Fusión diante do edificio de Movistar da rúa marqués de Amboage (zona Cuatro Caminos), tanto pola mañá (saída ás 11 horas) como pola tarde (saída ás 18 horas). Como no paro do pasado día 7 de marzo, todos os centros de traballo de Atento e Extel en España convocan os paros.
Movistar está dedicando moito esforzo nas súas campañas publicitarias en utilizar a imaxe dun traballador sorrinte, próximo e satisfeito do seu traballo para facer énfase nas bondades, calidade e satisfacción dos servizos de atención ao cliente nos que traballamos. A todos nós nos corresponde a responsabilidade de contarlle aos usuarios que a nosa realidade laboral é ben distinta: despidos e sancións inxustos e miserables, cambios caprichosos e constantes de quenda e horarios; falta de formación profesional, acoso diario (seguimento absoluto de pausas, descansos, escoitas, TMO, gravacións, monitorizacións, vendas...) En xeral, ameazas desprezables co ánimo de sementar o medo entre nós que provoque a submisión absoluta: que calemos e obedezamos.
PORQUE NOS AFECTA A TODOS, BERREMOS XUNTOS
MOVISTAR: NON SOMOS MERCANCÍA,
IMOS REMATAR COA VOSA TIRANÍA!!
7 DE ABRIL PARAMOS
DE 11:00 A 13:00 HORAS
DE 18:00 A 20:00 HORAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario