ESTAMOS FARTOS, QUEREMOS SOLUCIÓNS!!
O pasado venres, a resposta da empresa ás reivindicacións e a convocatoria de paro presentadas polo comité foi o DESPEDIMENTO inxustificado e arbitrario doutro compañeiro do servizo gran público.
O pasado venres, a resposta da empresa ás reivindicacións e a convocatoria de paro presentadas polo comité foi o DESPEDIMENTO inxustificado e arbitrario doutro compañeiro do servizo gran público.
Isto ven a confirmar o nulo interese de Atento para rebaixar o clima de conflitividade e os constantes abusos e agresión que estamos a padecer tódolos traballadores. Seguen as persecucións en forma de escoitas, ameazas, presións e toda clase de abusos que atentan contra a nosa dignidade e a nosa saúde, como ven constatado nas últimas avaliacións de riscos psicosociais.
Pero esta situación non a estamos sufrindo so os traballadores de Atento, o mesmo está a suceder en Extel-Eurocen, este é o motivo polo que ambos comités decidiron realizar estes paros de forma conxunta. Ademais estes paros van ser secundados por todos os centros de traballo que Extel-Eurocen ten en España (Málaga, Madrid e Zaragoza).
Nestas condicións é o momento de dar unha resposta contundente, sair todos a rúa e demostrarlles que non imos seguir aturando estes abusos e desprezos.
PORQUE NOS AFECTA A TODOS!!!!!
É HORA DE QUE SAIAMOS Á RÚA
NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!!
POR TI, POR TODOS:
8 XANEIRO PARAMOS, E NON IMOS ESTAR SÓS
DE 12:00 A 13:00 HORAS
DE 19:00 A 20:00 HORAS
Seguiremos informando
No hay comentarios:
Publicar un comentario