ESTAMOS FARTOS, QUEREMOS SOLUCIÓNS!!
Como xa vos anunciamos en comunicado anterior, o comité de empresa de Atento, xunto co de Extel-Eurocén, temos convocado un paro laboral o próximo 8 de xaneiro.
Uns e outros compartimos moitos dos motivos polos que nos mobilizamos e tamén a un mesmo cliente –Movistar- responsable moi en parte das nosas penurias e das de moitos outros compañeiros do sector. Uns e outros padecemos agresións constantes en forma de intimidacións, presións, sancións e mesmo despedimentos disciplinarios “exemplarizantes” que logo a empresa non ten reparo en recoñecer como improcedentes xa que foron concibidos coa única misión de amedrentarnos.
En Atento estamos todos afectados, temos problemáticas comúns como falta de formación, ameazas e presións, protocolos absurdos e desfasados suxeitos a cambios continuos, atención servil ós clientes disfrazada como fórmulas de calidade, gravacións abusivas, e outras máis diferenciadas dependendo do servizo no que traballamos:
· GRAN PUBLICO: despidos e sancións, presións coas ventas, seguimentos abusivos, prohibición do tempo administrativo, modificacións substancias...
· PYMES: modificacións substanciais, presión coas ventas, escoitas e gravacións continuas, problemas para facer as pausas e descansos...
· RECOBROS: futuro incerto. A empresa non di que vai pasar co servizo.
· SAT-SATE: Modificacións substanciais, cambios de funcións de forma temporal por antollo da empresa, ...
· CAT ADSL: Tras a redución no 2012, “regalan” ampliacións mensuais de xornadas, sen propósito de converterse en definitivas, presións polo TMO e calidade, fallos e lentitude nas aplicacións informáticas, coordinadores con mobilidade funcional...
· 11822: Modificacións substanciais, ausencia de tempo entre chamadas, ordes e contraordes constantes, sancións, coordinadores que perden a súa categoría profesional...
É HORA DE QUE SAIAMOS Á RÚA
NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!!
POR TI, POR TODOS:
8 XANEIRO PARAMOS, E NON IMOS ESTAR SÓS
DE 12:00 A 13:00 HORAS
DE 19:00 A 20:00 HORAS
Seguiremos informando
No hay comentarios:
Publicar un comentario