*** BLOG DE LA SECCIÓN SINDICAL DE CGT EN ATENTO CORUÑA ***

signbot

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Comité de Empresa informa

ESTAMOS FARTOS, QUEREMOS SOLUCIÓNS!!

Levamos meses aguantando o inaguantable, recibindo continuas ameazas, sancións e despedimentos, traballando en pésimas condicións que van a peor en lugar de mellorar, tal e como se reflicte nos nocivos resultados da derradeira e recente avaliación de riscos psicosociais realizada nos servizos CAT ADSL, Pymes e Gran Público (dada a situación de conflitividade, a inspección de traballo requeriu á empresa para que en breve realice unha avaliación similar nos servizos que non foron obxecto da mesma: 1002, Recobros e 11822).
Con todo o padecido, o comité de empresa resolveu que é hora de actuar con firmeza para esixir unhas condicións laborais dignas e estables. Decidimos trasladar á empresa unha serie de reivindicacións (non se trata dunha lista pechada, aceptamos suxestións) que a continuación vos detallamos:
· Inmediata readmisión das compañeiras despedidas nos últimos meses.
· Ampliación definitiva da xornada a aqueles compañeiros do CAT ADSL aos que se lles reduciu en abril de 2012.
· Audiencia previa ao comité de empresa ante posibles sancións e amoestacións.
· Que se habilite un tempo entre chamadas.
· Garantir a autonomía dos traballadores á hora de organizar pausas e descansos.ESTAMOS FARTOS
· Compromiso da empresa de non realizar gravacións que atenten contra os nosos dereitos, e que as escoitas sexan aleatorias co único fin de garantir a mellora da atención e non para a interposición de sancións ou realizar “seguimentos” .
· Dotarnos da formación profesional axeitada e continuada para desempeñar o noso traballo.

A dirección de Atento fai oídos xordos ás nosas esixencias. Obrígannos a MOBILIZARNOS, A FACERNOS OÍR. Por iso o comité de empresa anuncia a convocatoria dun paro laboral dunha hora o vindeiro 8 de xaneiro, pola mañá de 12:00 a 13:00 horas, e de 19:00 a 20:00 horas pola tarde. Temos acordado facela en conxunto cos compañeiros de Extel-Eurocén Coruña que, coma nós en xeral, tamén traballan para Movistar e están a padecer as mesmas miserias que nós.


É HORA DE QUE SAIAMOS Á RÚA
NON PERMITAMOS QUE NOS PISOTEEN!!
POR TI, POR TODOS:
EN XANEIRO PARAMOS, E NON IMOS ESTAR SÓS
Seguiremos informando

No hay comentarios: